Xenial ribadense de alma gaucha
José María Alonso-Trelles y Jarén, ribadense de 1857, coñecido universalmente como “El Viejo Pancho”, é o máis admirado dos poetas criollos rioplatenses. Cúmprense agora (28 de xullo de 2024) os 100 anos da súa morte, polo que o Concello de Ribadeo, a súa cidade natal, decide que é o momento perfecto para que os galegos de hoxe, especialmente os ribadenses, pequenos e maiores, poidan achegarse a esta histórica figura, que fixo patria máis aló do gran mar, revalidando a histórica irmandade entre Galicia-España e o Uruguai, pola palabra e pola escritura, polo sentimento e pola vida.
Máis Información