background

Música

background

Carlos Gardel

Dada a admiración que lle profesaba, Gardel interpretou catro dos seus poemas. Un, "¡Hopa, hopa, hopa!", gravado en 1927 en Bos Aires con música de Roberto Fugazot, narra o diálogo cun arrieiro que personifica o Desengano. E outros tres levan música de Américo Chiriff: "Insomnio", gravada en Bos Aires en 1927, sobre as lembranzas dos anos mozos e dun amor que non puido esquecer, que non deixan durmir a un vello que repite «¡Pucha que son largas/ las noches de invierno!»; "Como todas", gravado en París en 1929, a historia dun gaucho morto polo amor fallido dunha muller traizoeira; e "Misterio", de 1930, sobre un amor e un desdén inexplicable e testán. 

¡Hopa, hopa, hopa!
Insomnio
Como todas
Misterio