background

El Viejo Pancho

Xenial ribadense de alma gaucha

Texto de Xulio Xiz / Supervisión de Gustavo San Román

José María Alonso-Trelles y Jarén, ribadense de 1857, coñecido universalmente como “El Viejo Pancho” é o máis admirado dos poetas criollos rioplatenses.  Cúmprense agora (28 de xullo de 2024) os 100 anos do seu pasamento, polo que o concello de Ribadeo, a súa cidade natal, decide que é o momento perfecto para que os galegos de hoxe, especialmente os ribadenses, pequenos e maiores, poidan  achegarse a esta histórica figura nosa, que fixo patria máis aló do gran mar, revalidando a histórica irmandade entre Galicia-España e o Uruguai pola palabra e pola escrita, polo sentimento e pola vida.

    Asomémonos á vida e obra do noso ilustre paisano, conquistador e conquistado polo Uruguai, figura senlleira da historia dese país, cerna ribadense con alma gaucha, sempre na memoria das xentes de Ribadeo.

background

Peripecia Vital

José María Alonso Trelles y Jarén, naceu en Ribadeo o 7 de maio de 1857 na daquela chamada Calle de las Angustias e logo de Antonio Otero. En 1946, a un tramo da rúa mantívoselle o nome, e á outra parte, onde está a casa natal do escritor, déuselle o de "El Viejo Pancho". Era fillo de Francisco Alonso Trelles (asturiano) e Vicenta Jarén (galega). O mesmo día foi bautizado na igrexa parroquial de Santa María do Campo.

Seu pai fora nomeado polo concello de Ribadeo en 1847 axudante da escola de instrucción elemental da vila. Casara en primeiras nupcias con Manuela García, da que enviuvou, sen fillos. Casaría con Vicenta Jarén en 1848.

Ver máis