Ribadeo renderá homenaxe esta fin de semana ao Viejo Pancho
Ribadeo renderá homenaxe esta fin de semana ao Viejo Pancho. Haberá teatro, música e ofrenda floral, entre outras actividades.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, explicou que “esta fin de semana terán lugar os actos centrais da conmemoración do centenario do pasamento do Viejo Pancho. Como preludio hoxe presentamos unha páxina web elviejopancho.org, financiada pola Secretaría Xeral de Emigración e na que podemos atopar a biografía do autor, imaxes, a pegada que deixou na música e na prensa e actividades que na actualidade se vinculan co Viejo Pancho”.
Declaracións da concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo
A edil ribadense relatou que “o sábado ás 20:30 horas no auditorio municipal o Grupo de Teatro de Ribadeo poñerá en escena El rigor de las desdichas, juguete cómico en un acto, original y en verso. A continuación no quiosco do parque ás 21:30 horas actuará o grupo Toxo Guayaba. O domingo os actos comezarán ás 10:30 horas cunha recepción de autoridades no Concello, seguirán ás 11:00 cunha ofrenda floral a carón do busto do Viejo Pancho, na Praza de España, e a lectura dalgúns poemas, e despois haberá uhna eucaristía en memoria do escritor na igrexa parroquial. Ás 13:00 no Concello presentarase una Antoloxgía Poética Bilingüe, é un libro feito en colaboración entre Galicia e Uruguai, as dúas terras do Viejo Pancho”.
Sanjurjo convida a ribadenses e visitantes a acudir a estes actos: “esperámosvos a todas e a todos nos actos de conmemoración do centenario do pasamento do Viejo Pancho”.