background

El Viejo Pancho

O Home e o Escritor

Texto de Xulio Xiz / Supervisión de Gustavo San Román

Con Gustavo San Román pechamos este achegamento á persoa e obra do noso escritor, sinalando que aínda que semella “falar con sentimentos locais que o seu grande éxito popular semellaría confirmar”, “a voz que fala nas poesías de “El Viejo Pancho” non é a do home Alonso y Trelles”, xa que “non se trata da persoa dun galego; nin a dun galego que bota de menos o seu país; nin a dun galego que describe a súa experiencia como emigrante en América”, pois segundo os seus biógrafos “o home Trelles era moi distinto ó poeta Viejo Pancho, e hai que diferenciar entre os dous: o home era ledo, o poeta nostálxico; o home non era misóxino, o poeta si; ó home non lle gustaba a bebida, ó poeta demasiado; o home era librepensador e progresista, o poeta era reaccionario e supersticioso; o home facía campaña contra os curandeiros, o poeta celebrábaos e rexeitaba ós médicos; por fin (Sabet Peter) a Chiruza, esa china adúltera e insolente que ensombrece as lembranzas  do “Viejo Pancho” e que, malia todo, é a súa musa inspiradora, non ten en absoluto puntos de contacto coa realidade paixonal da vida do autor”, culminando coa cita de José Pereira Rodríguez que afirma que “Home e obra amósanse como anverso e reverso dunha medalla de contradiccións”.  

Autocaricatura de José Alonso y Trelles (09/12/1894)

 

Volver ao índice

background

Algunha dúbida ou suxestión? Queres colaborar con nós?

Falemos!