background

El Viejo Pancho

Armado coa Palabra

Texto de Xulio Xiz / Supervisión de Gustavo San Román

Gustavo San Román, describe os tres grandes aspectos que definen e salientan a obra de Alonso-Trelles:

  • O poeta castizo que escribiu “Juan el loco” en 1887, e unha serie de poemas influídos pola estética romántica que domina as súas primeiras composicións.

  • O xornalista e animador cultural que dirixiu ”El Tala cómico” e “Momentáneas”, e o autor teatral.

  • O autor gauchesco -o aspecto máis importante- que, como El Viejo Pancho, publicou a obra teatral “Guacha!” en 1913 e, en 1916, “Paja brava”.

Publicou os seus primeiros versos en 1876 nun periódico de Chivilcoi.          

Para adormecer la “morriña” hereditaria, se dio a los versos como hubiera podido darse a la bebida. Y alternando las funciones del estro con los quehaceres del hortera, no ganaba para “manguitos” (pesos?), pero atiborraba de “cascotes” un periódico que veía la luz en Chivilcoy, allá por los años años 1876 y 77.

No ano 1877 mudouse a Uruguay, e asentouse no pobo de Tala, no departamento de Canelones. Alí foi apoiado polo mestre Joaquín Tejera para conseguir emprego en Correos da súa localidade, e abríndolle as portas do xornal El Tala, por el fundado. Aquí aparecen publicados os seus primeiros poemas.

Estas poesías eran composicións románticas de estilo becqueriano, ou de Campoamor ou Nuñez de Arce, evoluíndo posteriormente para ir adquirindo conciencia social do avance capitalista  que vai arredando aos campesiños gauchos. Versificaba de xeito improvisado, mesmo acompañándose coa súa guitarra.

Usou os seudónimos de “Juan Monga”, “Intruso”, “Cáustico”, “Candil”, “Tácito”, “Ventosa” ou “El”, entre outros, pero o de “El viejo Pancho” fixo esquecer calquera outro e consagrouno como escritor inmorrente, racial, xenuinamente uruguaio, o más auténtico intérprete da alma criolla, sen que ningún outro chegase a igualalo.

Despois de comezar en “El Tala”, máis adiante escribe en “El Fogón”, “El Ombú”, “El Terruño”... en periódicos de Montevideo, así como en ”El mundo argentino” e outras publicacións de fóra do Uruguai. 
    
Ten unha importante actividade teatral, creando un grupo de teatro do que foi director, escenógrafo, apuntador e autor.

Estrenó varias obras de teatro, entre ellas “Un drama en palacio”, en dos jornadas y en verso; “Caida y redención”, comedia en dos actos y en prosa; “Colón”, drama histórico en dos actos y en verso; y los sainetes “Los veteranos”, “Spyon Kop”, “El falso Otelo”, “Pepiyo”, “Idilio fulminante” y otros. Todo inédito, por fortuna, y para mayor tranquilidad definitivamente juzgado por el diente de los avisados roedores.

Para o seu grupo teatral escribe “Colón” (1892), en verso clásico español, no IV Centenario do Descubrimento de América, para ser representado por nenos en El Tala; “Crimen de amor” (1891), onde aparece Benito, que fala unha mestura de galego e asturiano (único caso na súa obra); “Un drama en palacio”; “Los dos veteranos” (xoguete cómico), “Spion koop (Sainete) (1902); “Caída y redención”; “Alucinación”; “El falso Otelo”; “Pepiyo”, “Idilio fulminante” (1911) e “Guacha!” (escrita e estreada en 1913) nun acto, drama nacional; unha epopeia uruguaia. E as comedias “El rigor de las desdichas” (1878), xoguete cómico; “Juan el loco” (1887), poema en dous cantos, prologado polo dramaturgo Orosmán Moratorio. A maioría, ficaron inéditas e perdéronse.

Houbo, así mesmo, dúas revistas que levaron o nome de “El Viejo Pancho”, durando un número cada unha.

En xuño de 1893 colabora en “La Tribuna Popular”, de Montevideo, publicando como Alonso Trelles poemas de estilo becqueriano, e como “El manco de Santa Rosa” décimas en criollo.

En 1894 fundou “El Tala cómico”, publicación satírica, a imitación de “Madrid cómico”, con debuxos que el mesmo confeccionaba, sendo tamén director, autor dos textos e impresor. Editado en “ciclostyle”, el mesmo o definiu como “semisatírico e semiilustrado”, dirixindo especialmente as críticas ás autoridades eclesiásticas e municipais. Foron notables neste periódico as caricaturas satíricas. Defendeu o ensino obrigatorio. Publicou un total de 83 números, saíndo o último á luz en marzo de 1897.  Hoxe en día a colección completa de "El Tala cómico" pode ser consultado en Anáforas e na Biblioteca Nacional de Uruguay

Desde noviembre de 1894 a marzo de 1897 publicó, valiéndose de un  “Ciclostyle” en que derrochó paciencia y habilidad caligráfica, ochenta y tres números de El Tala Cómico, periódico semisatírico y semiilustrado que no dejó títere con cabeza en el departamento y sirvió de ensayos para sus posteriores críticas literarias, “bastante” menos brillantes que las del insigne “Clarín”, pero no menos demoledoras que las del bueno de Valbuena.

En 1899 iniciou a publicación do hebdomadario “Momentáneas”, de similar orientación, asinando co seudónimo de “El manco de Santa Rosa”, conseguindo sacar á luz un total de 23 números, desde xullo de 1899 a xaneiro de 1900. Con este periódico, Alonso-Trelles vaise convertendo en “El Viejo Pancho”.

Desta publicación, a Biblioteca Nacional de Uruguay conserva un tercio da colección, que Gustavo San Román describe nunha ponencia de 2008, publicada nos Anales del Centro de Estudios Gallegos de la Universidad de Uruguay.

Momentáneas, con “tricromías” que daban las doce. En este periódico aparecieron sus primeros versos criollos, iniciándose en ellos una de la modalidades de su temperamento literario: la que había de proporcionarle, andando el tiempo, popularidad y consagración.

Gamallo Fierros afirma que “en xullo de 1899 se verifica a transformación estética do emigrado galego: deixa de ser o decimonónico español José María Alonso Trelles, para transformarse no gauchesco El Viejo Pancho”.

Os primeiros versos gauchescos de Trelles aparecen en 1889. A súa nova poesía ven coincidir coas preocupacións pola esencia do mundo criollo e exaltalas, nun ambiente de cambio veloz e drástico, tentando manter as tradicións gauchas fronte a un novo pensamento, unha nova sociedade, que non aportaba nin posuía ningún sinal de identidade social.

En setembro daquel mesmo ano (1899), para encher un baleiro na páxina do seu xornal, publica “La güeya” que ao reproducila “El Fogón”, de Montevideo -de maior tirada e repercusión-, fixo que “El Viejo Pancho” comezase a consagrarse como gran poeta. Como o gran poeta de Uruguai. Con “La güeya”, “empeza a agarrarse á alma dos nativos como a enredadeira aos muros vellos e ásperos”.

En 1904, cando a guerra civil uruguaia, escribe versos lapidarios:

Mientras dure el azote que nos devora
no debiera la tierra producir flores,
ni debieran las noches tener aurora
en la tierra charrúa de mis amores.

O ambiente creado polas guerras fai que a poesía decaia en atención popular, pero cando a guerra pasa, a poesía volve a interesar, e El Viejo Pancho comeza o seu periplo triunfal que se reforzou cando o criollo de orixe inglés, Agustín S. Smith, crea “El Terruño” en Montevideo, no que Trelles ten importante papel.

Nicolás Gropp cita as “Parolas” de Trelles que podían ser crónica de costumes ou críticas literarias, defender o cine, criticar un evento social institucional, apoiar os intereses do Tala ou reflexionar sobre o feito de escribir. Do cento de “Parolas” asinadas por “Intruso” que viron a luz entre 1906 e 1914, con afán crítico e formativo, chámanos a atención o nome xenérico que, a menos que haxa un vocábulo propio uruguaio, ven ser a palabra que en galego significa “Conversa”, “Charla” ou “Palabra”.

Se o galego foi para Trelles o idioma da súa infancia por selo da súa nai, poucas pegadas quedaron na súa obra (á parte do xa citado “Crimen de amor”), destacando os especialistas tan só o título dun poema, -"Mágoa"-, palabra que non existe na fala uruguaia, que significa “pena” ou “sufrimento”, que el utiliza para un poema de desesperanza dos últimos tempos (1920), publicado en “El terruño” en 1922, do que informa María de los Ángeles González, do que escollemos:

En las veredas, hoy ya desiertas,
po´ande mis tristes cruzadas hice, 
jueron, de a trechos, quedando muertas
las ilusiones que yo más quise,  
y hoy ni en la oriya de la laguna
que un día brindome dichas fugaces,
aunque en el cielo luzca la luna,
me ven los teros (1) ni los chajases (2).

(1).- Ave zancuda
(2).- Ave corpulenta

Opina María de los Ángeles González que “antes de chegar ao libro, Trelles cultivou preferentemente o artigo xornalístico, o poema na folla de periódico e o teatro, tres formas que buscan máis o contacto coas masas, ca o específico lector culto que accede á poesía”.

Pois seguindo o itinerario mencionado, na primavera de 1916 conságrase como poeta nacional con “Paja brava”, que recolle poemas de publicacións anteriores, e ven ser a visión do mundo rural gaucho, poema pampeiro, que se ten comparado co “Martín Fierro”, do arxentino José Hernandez (1872).

Y en sus horas de ocio, ahondando en las profundidades de su corazón, donde el recuerdo de una realidad o de una quimera solía vibrar una que otra vez dolorosamente, siguió escribiendo versos criollos que un editor magnánimo, después de publicar su drama de costumbres nacionales, ¡Guacha!” - que puede seguir considerándose inédito – coleccionó en un breve tomo: “Paja brava”.

En carta á súa irmá Carmen explicáballe que “Paja brava” era “unha especie de xunco chato co que teitan os seus ranchos ou chozas os habitantes do campo”, chamándolle así aos versos porque “son criollos coma o vexetal, criollos e insignificantes”.

Apunta El Viejo Pancho, no limiar de Paja Brava (“De la portera”), que “A los críticos más ilustrados y sesudos suele atravesárseles en la garganta; solo la miran con simpatía los que por la intensidad del amor al terruño hallan bueno cuanto el produce”.

O libro, lentamente ao comezo, firmemente sempre, tivo recoñecemento xeral; e Uruguai asumiuno como propio. A segunda edición viu a luz en 1920. E a terceira en 1923, cunha tirada de 5.000 exemplares. Cando se publica a edición número doce, tíñanse superado os 100.000 exemplares vendidos.

En 1926 publicouse “Paja brava”, ilustrada por 14 dos mellores debuxantes e pintores do país, e tivo unha nova edición en 1929, con leves variantes nas cores. Da primeira edición de 1926 foron editados 5.250 exemplares: 25 deles en papel japón (numerados do I ao XXV), outros 25 fóra de comercio (marcados A-Z), e o resto en papel pluma (numerados a máquina do 1 ao 5.200). Desde as primeiras edicións (en total foron máis de vinte), foi ampliándose o contido da obra.

 

Volver ao índice

background

Algunha dúbida ou suxestión? Queres colaborar con nós?

Falemos!